mércores, 13 de marzo de 2024

ATÓPANOS NAS REDES

Se queres estar informada/o de toda a actualidade e novas da ANPA do I.E.S. Manuel Murguía, podes seguirnos nas redes sociais utilizando as seguintes ligazóns:

 

💙 Facebook https://www.facebook.com/anpaseculo21

Instagram www.instagram.com/anpaseculo21 

 

Tamén na canle de Whatsapp:

✅ WhatsApp https://whatsapp.com/channel/0029Va9FB5cKrWQpPGCScY05

 

Ou mesmo  a través do correo electrónico:
 

✉️ e-mail anpaseculo21@gmail.com

luns, 9 de outubro de 2023

INSCRICIÓN 2023/24

Ábrese o procedemento de inscrición de socias e socios para este novo curso 2023/24. 

O procedemento está regulado nos Estatutos: Solicitude formal, pago de cota, admisión en reunión da Xunta Directiva.

Podedes atopar a ficha de socia/o para cubrir en liña e consultar as instrucións e detalles de como rematar o proceso na seguinte ligazón:

 

Lembrade que a cota é de 15 € anuais por unidade familiar e que podedes aclarar calquera dúbida ou cuestión no enderezo de correo electrónico anpaseculo21@gmail.com


Toma a iniciativa e apúntate!

luns, 7 de novembro de 2022

Convocatoria de ASAMBLEA EXTRAORDINARIA

A Asemblea Extraordinaria convocada para a disolución da ANPA, deu como resultado que as persoas socias presentes rexeitaran dita proposta e manifestaran, xunto con outras nais e pais presentes, a necesidade de volver a contar cunha Asociación activa no IES.

Xa que logo, acordouse abrir un procedemento regular de inscrición de familias socias, coa finalidade de que nas próximas semanas poida constituírse en Asemblea,  en acordo co noso regulamento electoral, unha nova directiva que asuma a xestión da Asociación.


luns, 1 de agosto de 2016

CUESTIONARIO AVALIACIÓN E-DIXGAL

1 de agosto de 2016.
Hoxe é o día.

Tal e como formulamos nos obxectivos iniciais, lanzamos un cuestionario de avaliación do programa E-DIXGAL, para recoller a valoración das familias que tiveron fillas ou fillos cursando 1º da ESO no IES Manuel Murguía de Arteixo durante o curso 15/16.

Como indicamos tamén para o pretest, suxerimos que sexa a familia quen encha o cuestionario e non so o alumno ou alumna correspondente.

O cuestionario ten o formato dun formulario de Google. Este é o xeito máis doado para a recollida dos datos, ao noso entender. En calquera caso, incluímos tamén nesta entrada o cuestionario en formato pdf que podería ser remitido unha vez cuberto á conta de correo da ANPA ou depositado (en papel) no caixón de correo que temos no Instituto.

O prazo para recoller cuestionarios por calquera das canles remata o luns 12 de setembro de 2016, inclusive.

Para todos os casos, solicitamos o nome e apelidos e a clase onde estivo a alumna ou o alumno durante o curso 15/16, para o contraste dos participantes. Esta é unha condición necesaria para asegurar a fidelidade da mostra e a veracidade dos resultados. De producirse algunha repetición, daríamos por válido o último dos cuestionarios cubertos.

Unha vez recollidos todos os datos, daremos conta dos resultados agrupados, se é factible nunha convocatoria aberta ao público onde formularíamos as conclusións propias e desenvolveríamos un faladoiro entre os asistentes sobre o tema en cuestión.

Agardamos que a información que podamos aportar entre todas as familias contribúa a deseñar pautas de mellora para o funcionamento xeral do programa nos dous próximos cursos.

Axudádenos a difundir a proposta entre as posibles participantes. Grazas.

Xunta Directiva

ANPA SÉCULO XXI

venres, 17 de xuño de 2016

CIRCULAR 02/ 2015-16

15/06/16

No día de onte tivo lugar unha reunión ordinaria da XD, na que se procedeu á súa reestruturación, que será comunicada ás entidades pertinentes.

Asemade aprobamos a petición de rectificación da comunicación da inspección educativa sobre a ocupación da praza no Consello Escolar, que previamente nos foi denegada.

Tamén decidimos solicitar do equipo directivo unha avaliación conxunta e pública do funcionamento do programa E-DIXGAL neste primeiro curso, coa finalidade fundamental de buscar a mellora da súa aplicación no próximo curso para os niveis de 1º e 2º da ESO.

O resto das cuestións tratadas foron a continuación das reunións con distintos sectores da comunidade, a solicitude de axudas da convocatoria do Concello e a admisión de socios.

En relación a isto último, decidimos tamén facer unha nova entrada no blogue, que se repetirá periodicamente nas redes, sobre o xeito de facerse socio da ANPA. Falamos do como. Do cando. O porque ou o para que, pois xa o imos debullando dende que comezamos a lanzar a iniciativa da creación da Asociación.

Aproveitamos para lembrar que o 23 de xuño e o último día para presentar solicitudes de axudas ou banco de libros da Consellería. Tamén para a devolución dos libros de ESO (salvo a casuística de exames en setembro).

O Concello abriu tamén a convocatoria de axudas propia, das que podería beneficiarse o alumnado de ESO e Bacharelato na liña 1 (comedores) cumprindo todos os condicionantes da normativa e na liña 3 (mobilidade) o alumnado de Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas musicais e estudos universitarios, coa aplicación da normativa de 2 Km, entre outras. Solicitudes ate o 13 de xullo.

E por último, segundo puidemos ver nunha nota da cristaleira da secretaría do IES, a formalización de matrículas desenvolverase os día 23, 27 e 28 de xuño para as de 1º de ESO (as familias dos CEIPs recibirán notificación ao respecto do procedemento), e do 27 ao 30 para o resto dos niveis de ESO e Bacharelato.

Saúdos,
XD

E agora as FAQ Inscrición

Quen pode ser socio da ANPA Século XXI?
Calquera familia que teña fill@s matriculad@s no IES , en calquera dos seus niveis, e que o decida voluntariamente.
Cal é o momento idóneo para facerse socio da ANPA Século XXI?
Calquera momento é bo, como para recibir un xiro, sempre e  cando se cumpra a indicación anterior. Simplemente lembrando que os cursos comezan o día 1 de setembro e rematan o 31 de agosto, habitualmente.
Canto dura a condición de socio da ANPA Século XXI?
Pois xustamente o período do curso escolar, renovada tamén de xeito voluntario, polos procedementos acordados en cada momento.
Como se fai a inscrición de socio da ANPA Século XXI?
Como dixo alguén, de xeito sinxelo e doado. Cobres a ficha de inscrición online e ingresas online a cota de socio anual na conta bancaria indicada. Se non podes ou non queres facelo online, temos fichas en papel e podes ingresar a cota nunha oficina bancaria directamente.
Cando se fai a admisión de socios da ANPA Século XXI?
Temos indicado nos Estatutos que ten que ser nunha reunión ordinaria da XD, despois de comprobar os datos pertinentes. Facemos reunións con regularidade e mesmo poderíase convocar unha específica simplemente para tratar esta cuestión se fose necesario.
Como se da un de baixa da ANPA Século XXI?
Pois non temos nin idea, nunca nos ten pasado. Pero din os Estatutos que fundamentalmente por decisión voluntaria ou por perder a condición para poder ser socio (ter nenas ou nenos cursando estudos no IES). Os outros casos, agardamos que non se cheguen a dar nunca xamais.


Número de conta: ES34-2080-5512-0030-4011-7758 (ABANCA)

Dúbidas, comentarios, suxestións, preguntas...

no G+

luns, 30 de maio de 2016

OBXECTIVOS

Continuamos co proceso extraordinario inicial de inscrición de soci@s ate o 22 de maio. Imos bater récords? Máis ben formulámonos obxectivos para a acción da ANPA.

  • Xuntar nais e pais nun colectivo, que queiran axudar con iniciativas a que o IES funcione mellor para os nosos fillos e as nosas fillas no que ten que funcionar: formación e educación.
  • Intervir no que se poida no eido colectivo, recollendo información antes de emitir unha opinión. Por exemplo, cunha enquisa xeral ás familias para coñecer a percepción que temos do funcionamento xeral do IES.
  • Propoñendo avaliar o funcionamento do programa de libros electrónicos ou tomando a iniciativa da avaliación directamente.
  • Estudar os niveis de absentismo escolar e as súas causas. Solicitando consecuentemente a nosa presencia no observatorio municipal.
  • Analizando a posibilidade de darlle forma a un banco de libros de texto para os niveis non obrigatorios. E tamén para os libros de lectura e consulta, con vinculación á biblioteca do centro.
  • Colaborando na elaboración dun plan de actividades aberto, interdisciplinar e interniveis, relacionadas co mundo da cultura e o deporte.
  • Propoñer a debate a necesidade da construción dun novo centro de estudos medios no término municipal.
  • Definindo e establecendo un programa de formación de nais e pais aberto a todas as familias e en colaboración con outras Anpas locais.
  • Mantendo permanentemente abertas canles informativas dixitais sobre todo o que atinxa e aconteza no IES, e por extensión do que consideremos que poida ser de interese xeral para as familias.
  • E moi concretamente, convocar para o inicio do curso 16/17 un concurso entre o alumnado do centro para o deseño do logotipo da ANPA.


Se compartides total ou parcialmente o que propoñemos, invitámosvos a sumarvos a acción. Ficha de inscrición e cota de soci@.

Un saúdo.

XD

Este é o resumo do documento no que estivemos traballando hai uns días na inauguración do local social da Anpa no Instituto. Intentamos salientar as cuestións centrais do que entendemos pode ser a acción inicial da Asociación. Aquí pódese consultar o documento ao completo.

CIRCULAR 1 / 2015-16

16/04/2016

Estimadas Nais e Pais.

Despois dun proceso de rexistro máis longo do que agardabamos, recibimos a comunicación de inscrición oficial no rexistro xeral de Asociacións, onde figuramos co número 2016-20210-1, como ASOCIACIÓN SÉCULO XXI DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO IES MANUEL MURGUÍA DE ARTEIXO. Abreviando, ANPA SÉCULO XXI.

A Xunta Directiva fundacional, formada por seis persoas que temos fillos /as matriculados neste centro, acordou en reunión ordinaria, o día 12 de abril, entre outras cousas, a apertura do proceso inicial de inscrición de socias e socios da Anpa. O proceso desenvolverase do 16 de abril ao 22 de maio de 2016 ambos inclusive. Para inscribirse  é imprescindible cubrir a ficha, que poderedes atopar no blogue, e abonar a cuota de inscrición por importe de 15 (quince) euros por familia, na conta ES34-2080-5512-0030-4011-7758 (ABANCA), indicando como concepto o nome e apelidos que figure en primeiro lugar na ficha de inscrición. Esta pode cubrirse directamente nun formulario online ou imprimilo e facérnolo chegar cuberto. En breve disporemos dun local como sede social no propio instituto, onde teremos un horario de atención. Calquera dúbida sobre como cubrir a ficha de inscrición pode ser consultada ao correo electrónico ou nas redes sociais vinculadas (G+, Facebook). A XD acordou tamén que excepcionalmente, e debido ás datas do curso nas que xa nos atopamos, a cuota terá validez ate o 31 de agosto do 2017, data na que rematará o próximo curso.

Ao inicio do curso 2016/17, abriremos estatutariamente un novo proceso de inscrición para todos os que se incorporen de novos ao IES ou para os que non tiveran oportunidade de asociarse neste proceso extraordinario. E en calquera caso, sempre poderán solicitar a súa inscrición como socias as persoas que cumpran as condicións indicadas nos Estatutos e segundo os procedementos regulares establecidos.

Asemade, a Xunta Directiva acordou na reunión do día 12 de abril, convocar Asemblea Xeral Extraordinaria para o día 24 de maio, martes, no salón de actos do instituto, da que se fará a convocatoria pertinente en próximas datas. A intención é que, entre outras cousas, nesta Asemblea poidamos escoller de entre as persoas socias asistentes unha Xunta Directiva plenamente funcional para exercer durante os dous próximos cursos, tal e como indican os Estatutos.

A esta Asemblea están invitadas todas as nais e os pais de nenas e nenos matriculados no IES, pero so terán dereito a voto as persoas que figuren como asociadas.

Un saúdo.
XD

ATÓPANOS NAS REDES

Se queres estar informada/o de toda a actualidade e novas da ANPA do I.E.S. Manuel Murguía, podes seguirnos nas redes sociais utilizando as ...